29/11/07

RECOMENDAMOS NA LEOTECA


PARA E.I. : "Corre corre, cabaciña " ( Eva Mejuto; OQO editorial) é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, e que, sen embargo, nunca tiña sido editado en galego. Conta a historia dunha velliña que, de camiño á voda da súa neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.




PARA PRIMEIROS LECTORES: "¿Por qué los gemelos son tan iguales?" (Carmen Gil Martínez ; Parramón ediciones) conta a historia de Nacho y Pablo, dos hermanos que se parecen tanto, tanto, que pueden gastar divertidas? bromas a sus amigos haciéndose pasar el uno por el otro cuando quieren. Su madre, que es médica, les explicará los motivos científicos de su enorme parecido, y juntos descubrirán ventajas y desventajas de ser como dos gotas de agua.







PARA LECTORES AUTÓNOMOS: "Áníbal quere encoller" (Oli, Eds. Xerais). Aníbal tiña unha teima: penetrar no interior da terra para saber cómo é por dentro. Pero había un problema: malia ser pequeno, o seu tamaño non llo permitía. Tiña que encoller, aínda que non sabía cómo conseguilo.











PARA LECTORES EXPERTOS: "El palacio de las cien puertas" ( Carlo Frabetti, Editorial SM). Trátase dun libro, pero tamén dun xogo no que se prantexan preguntas que o lector debe contestar. En función das respostas aos enigmas que se lle plantexan iremos por un camiño ou por outro.



25/11/07

25 de Novembro:data tope

Levamos días cunha conta atrás que moitos non soubestes adiviñar. Quizais porque todos e todas vós sabedes que unha data non significa o remate dunha peste, dunha lacra social. Que por riba dos nosos desexos está a crua realidade.
25 de novembro.
Sabemos a historia deste día, sabemos que a muller é máis vulnerábel nas guerras, nos odios, nos enfrontamentos, na violencia.
Sabemos tamén, como educadores que somos, de que o uso gratuíto da violencia como xeito de reafirmación persoal sobre outro é a manifestación máis lamentábel da ignorancia. Só aquel inseguro e con necesidade de amosar a súa posición agride sen motivo.
De aí a importancia da educación, de formar aos mozos e ás mozas, ao noso alumnado por tanto, para combater de raíz as claves da existencia da violencia. Só dende a formación, dende a educación, seremos quen de combater contra ela.
25 de novembro.
Dicimos NON á violencia contra a muller. Dicimos NON a calquera tipo de violencia.
En todos os países medran as denuncias de vítimas de violencia de xénero, nalgúns casos un 400% máis que hai dez anos. Mentres a policía detén maltratadores e os xuíces ditan ordes de afastamento, a mutilación xenital, un tipo de violencia contra a muller, xera novos hábitos nos hospitais.
Algúns grupos de mulleres son particularmente vulnerables á violencia: as mulleres pertencentes a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as inmigrantes, as mulleres que habitan en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidades, as anciás e as mulleres en situacións de conflito armado.
25 de novembro
Porque todo tipo de discriminación é violencia, non o esquezamos. O maltrato pode ser psíquico, físico, pero é maltrato. As vexacións, os acosos, as desigualdades, son maltrato. E porque pretendemos e queremos un mundo de iguais, estamos hoxe aquí, unha soa voz, un único berro en contra da Violencia contra as mulleres.

16/11/07

ESCHER E AS MATEMÁTICAS

O día 13 de novembro os alumnos e alumnas da ESO foron a unha exposición no Pazo de Feiras e Congresos en Lugo sobre a obra de Maurits Cornelis Escher (1898-1972). Consta de: láminas e pósters, que permiten contemplar os traballos de Escher que teñen unha maior relación coas matemáticas. Hai tamén obradoiros nos que se manipulan diversos materiais que axudan a descubrir as ideas que inspiraron ao artista en cada unha das láminas presentes na exposición, ao tempo que favorecen a comprensión e construción dos conceptos matemáticos correspondentes.

"O día escolar empezou e acabou cunha saída ao centro onde había unha exposición da arte do matemático e artista Escher.Desde debuxos geométricos con mensaxes incluídas a debuxos imposibles que fan quedar o sentido máis utilizado por nós, a vista, anonadado." (Alejandro Varela, 3º ESO)

MÁIS SOBRE ESCHER

5/11/07

A lectura e as matemáticas

O Departamento de Matemáticas vén de establecer para este curso 2007/08 unha serie de lecturas obrigatorias e outras voluntarias, que xa están a disposición de todo o alumnado na Leoteca. Na páxina web do centro (LECTURAS RECOMENDADAS) podedes atopar as directrices sobre esta actividade, a lista completa dos libros propostos (ficha e resumo) e tamén unha detallada guía de lectura de cada un deles. Velaquí algunhas das suxerencias:





Este é o boletín informativo que elaborou o Departamento en colaboración coa Leoteca:
L3OM4T3 1 ( Guía de lectura)