28/4/08

23/4/08

DÍA DO LIBRO


Unha das actividades que fixemos este ano para celebrar esta data foi a elaboración dun marcapáxinas conmemorativo.

A partires da elaboración dun acróstico coas letras de LIBRO, cada clase participante aportou un modelo que serviu como base para incrustar nunha plantilla previamente elaborada.

Por último imprimíronse todos os modelos presentados, en número suficiente para entregar a cadanseu alumno e alumna, profesores e profesoras, persoal non docente
e colaboradoras de comedor. Algunha clases elaboraron composicións en forma de poesía.

Este que vedes aquí é o que fixeron os alumnos e alumnas da clase de 6º de EP.

Se queredes ver todos os modelos que imprimimos, mirade a seguinte presentación:

MARCAPÁXINAS 2007/08



Tedes máis información na páxina do colexio, na sección da biblioteca: outras actividades.

21/4/08

EXPOSICIÓN DE HARRY POTTER NA LEOTECA

A pasada semana houbo na leoteca unha pequena exposición dos libros e DVD's que se atopan a disposición de toda a comunidade escolar. Fixémola con ocasión da adquisición do último libro da saga de Harry Potter que se puxo á venda o pasado 21 de febreiro: "Harry Potter y las reliquias de la muerte" ( títulado orixinalmente "Harry Potter and the Deathly Hallows") publicado pola editorial Salamandra, o cal temos tamén traducido ao galego. Aquí podes ver a portada e a contraportada.



Podes ver no seguinte montaxe a información que estivo exposta así como o aspecto da mesma.

11/4/08

INTERCAMBIO DE CONTOS

O noso centro leva algúns meses participando nunha experiencia de intercambio co colexio de San Ramón de Moeche. Os alumnos e alumnas de varios niveis comparten contos elaborados por eles. Aquí vos presentamos os que levan compartidos.

Contos recibidos.

Contos enviados.


2/4/08

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril (aniversario do nacemento do escritor Hans Christian Andersen) foi elixido polo IBBY como data para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
A Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY- International Board on Books for Young People), fundada en Zúrich no ano 1.953, representa un gran colectivo de xente de setenta países do mundo, interesados en promover a lectura entre os nenos e nenas.
Cada ano un país é elixido para patrocinar esta celebración mediante un cartel elaborado por un ilustrador famoso e unha mensaxe dun escritor de recoñecido prestixio.
Este ano o país encargado é Tailandia e presentámosvos aquí o cartel e o texto creado polo artista tailandés Chakrabhand Posayakrit.





  • Tamén podes ler a mensaxe en galego .